Saltar ao contido

Ernestina Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErnestina Otero
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de febreiro de 1956 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio dos Eidos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, pedagoga Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLuís Pereira Míguez (1914–1937), morte Editar o valor en Wikidata
PaiPedro Otero Milleiro Editar o valor en Wikidata

Ernestina Elena Otero Sestelo, nada en Redondela o 23 de outubro de 1890 e finada en Redondela o 13 de febreiro de 1956, foi unha mestra e pedagoga galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Lápida de Ernestina Otero en Redondela

Filla de Pedro Otero Milleiro, foi a maior de sete irmáns, e co esforzado apoio dos seus pais destacou no seu afán polo coñecemento e a formación. Fixo os estudos de primeiro ensino en Redondela e os de mestra elemental e superior en Pontevedra, finalizados en 1908. Foi unha das primeiras mulleres en obter o título na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio en Madrid, na segunda promoción (1910-1913). En 1914 casou co farmacéutico redondelán Luís Pereira Míguez.

En 1908 acadou o título de mestra superior na Escola Normal de Pontevedra e, posteriormente, ingresou na Escuela Superior del Magisterio de Madrid (1910-1913), onde recibiu a influencia da Institución Libre de Enseñanza, fundamentalmente de Luis de Zulueta. En 1914 foi nomeada profesora de pedagoxía na Escola Normal de Pontevedra. Coa Segunda República, puxo en marcha a reforma educativa e, ademais, dirixiu a Escola de Maxisterio e presidiu o Consello Provincial de Primeiro Ensino de Pontevedra. No tempo que ocupou este último cargo, leváronse a cabo diversas campañas para o fomento da asistencia dos nenos á escola, impulsouse a creación de centros escolares, ampliouse a educación de adultos, colaborouse coas xuntas municipais na utilización dos campos agrícolas experimentais e dos talleres artesanais e industriais, e fomentouse o estudo e investigación das características xeográficas e culturais de Galicia. Colaborou tamén activamente co Seminario de Estudos Galegos e noutras iniciativas como a Escola Rural Galega. En 1933 asinou o manifesto dos intelectuais galegos a prol do Estatuto de Autonomía.

Roteiro en feminino Sons de Mulleres.

Coa Guerra civil española foi separada da cátedra e dada de baixa na escala (12 de xuño de 1937). Unha vez rematada a guerra, revisouse o seu expediente e volveu ao seu cargo, se ben con “traslado forzoso e inhabilitación para cargos directivos y de confianza” (7 de decembro de 1939). Así, comezou de novo en Ourense onde permaneceu dez anos e o 1 de outubro de 1951 ocupou outra vez a praza de profesora numeraria de pedagoxía da Escola Normal de Pontevedra (posteriormente Escola de Maxisterio, e actual Facultade de Educación).

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

O Roteiro en feminino Sons de mulleres de Vigo recoñécea no seu punto sinalado co número 15, adicado a pedagogas e educadoras.

Dedicóuselle unha rúa na vila de Redondela e en 2019 unha rúa en Pontevedra.[1] En 2018 foi proposta pola Universidade de Vigo para nomear un dos seus edificios no campus das Lagoas-Marcosende.[2][3]

En Vigo creouse en 2013 o Premio de Igualdade Ernestina Otero, un galardón honorífico, promovido polo Consello Municipal da Muller e Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo na defensa da igualdade.[4]

En Pontevedra, o Consello das Mulleres creou en 2014 os Premios Ernestina Otero Sestelo, para a incorporación da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster para o estudantado universitario galego.[5]

En 2016, o Concello de Pontevedra creou os Premios Ernestina Otero de cómic co fin de promover a perspectiva de xénero neste ámbito e dar visibilidade ás autoras.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]